Aprazada por falta de ondas a 2ª Proba do Circuito Galego de Bodyboard en Faro (Carnota) (29/09/09) Lamentamos comunicarvos que unha vez consultada a previsión meteorolóxica para este fin de semana, vémosnos obrigados a aprazar ata Novembro a 2ª Proba do Circuito Galego de Bodyboard en Faro (Carnota). Esta proba celebrarase finalmente os días 28 e 29 de Novembro. CAMPIONATO GALEGO 2009 - Soesto (Laxe). (28/09/09) Despois do aprazamento do Campionato Galego de Surf, informámosvos de que a nova data é o 10 e 11 de Outubro. Ese fin de semana de Outubro tíñamos previsto realizar a 3ª Proba do Circuíto de Surf e Longboard Open na praia de Malpica, pero tras falar co Concello de Laxe e ser esta a única data dispoñible para poder realizar a proba na praia de Soesto, exponse co Club Silfo o seguinte: se o fin de semana do 10 e 11 de Outubro o mar esta grande para facer o Campionato Galego en Soesto seguirase adiante coa 3ª proba de Surf e Longboard Open do Circuíto Galego de Malpica, pero se as condicións permíteno daremos preferencia ao Campionato Galego na praia de Soesto e a 3ª Proba do Circuíto de Surf e Longboard Open realizarase no mes de Novembro. O Martes 6 de Outubro, día en que as previsións xa serán mais fiables, publicaremos na Web a proba que definitivamente se realizará o fin de semana do 10 e 11 de Outubro. Circuito Galego 2009 | Surf e body infantil e xuvenil | Surf e longboard open | Body open | 9-10 Maio. Patos (Nigrán) Prado surf clube. | 25-26 Xullo. Razo (Carballo). Club de Surf Teiron. | 4-5 Xullo. Rio Sieira. Area Longa Surf Club. | 22-23 Agosto. Sabón (Arteixo) Sandspit Surf Club. | 19-20 Setembro. Os Castros (Ribadeo). Clube Hola Ola! | 29-30 Novembro. O Faro (Lariño). FGS - Concello de Carnota- www.bgmagazine.es | 24-25 Outubro. A Lanzada (Sanxenxo) Clubs: Golfiño, Oeste e Raspas. ( Data sen confirmar) | 10-11 Outubro. Malpica. Silfo Surf Camp. | | Campeonato Galego de surf, bodyboard e longboard | 10-11 Outubro. Praia de Soesto (Laxe-A Coruña) Campionato individual e por equipos (masculino e feminino), só para galegos. | OUTROS CAMPIONATOS | 11-12 Xullo. Razo (Carballo). King Of The Groms (Quiksilver) 17-18 Outubro Patos (Nigrán). VQS Volcom Qualifying Series 30 Outubro - 1 Novembro. Patos (Nigrán). Galaico-Luso. Prado Surf Club. | |
0 comentarios:
Publicar un comentario